luns, 3 de novembro de 2008

cando


encho a trasteira,
gústame enchela
de cousas inútiles,
tempos esquecidos,
todo o que quixen facer,
botes baleiros,
fotos vellas,
xornais antigos,
mapas xeográficos,
por onde só pasei co dedo,
non falo inglés,
non aforro,
pois xa aforran os de sempre,
son paciente,
sen causa algunha,
acostúmome as adversidades,
se hai desgrazas,
son miñas,
si son éxitos,
son doutros,
estou descontento,
síntome espoliado
por outros alleos,
en realidade,
temeroso de min,
agora chego antes ao traballo,
cobro menos,
estou hipotecado,
padezo de ansiedade.
Encho a trasteira.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Buff pensamos que pasaba algo anormal, que raro sin nada puesto hasta estas horas.
Por cierto eres el blog mas votado de la provincia de Pontevedra.
Saludos.
Prometeo y sus lindas mujercitas.

Anónimo dixo...

Perdón, perdón, de los más votados, de los únicos votados, quería poner.
Que vaya bien.
Prometeo y sus.....

Anónimo dixo...

Que pasou, perdinme algo, esta semana parece que entra un xiro social, chéiroo eu,
Noraboa polas puntuacións , un é meu, cariño.
Ah, e cóidate que vaiche facer falta, algo escoitase por ai.
Amelita.

Anónimo dixo...

Ah e que rasón tes.
Amelita.