domingo, 29 de xaneiro de 2012

cerámica. III.






ocultas aos ollos que non ven
como quen non sabe que lle depara
unha sorpresa
non pertencen a outro lugar
máis co delas despois de desleixar
tódalas palabras coas que se podían explicar.

cerámica.II.







nacer entre a calor elevada e a asfixia da auga
a madeira a herba o ceo....................................

cerámica. I.






andar por lugares onde ninguén andou antes
como flores abertas e imposíbeis
que te morden os ollos ao velas
eclipsado despois de tanta impacencia
un encaixe de miradas dende outro plano.

venres, 20 de xaneiro de 2012

esquecidos.

semellades templos caidos onde o mar bate en baixo
poetas
deixando unha resaca de fracaso
onde nacen flores de vitoria
traducistes o que non era acceso ao ser humano
le ben como se che falara entre susurros
que choren
que choren todos menos os que se adican á agricultura
é tan dificil saber todo o común que compartimos
senón o que despois de abrilos dedos da miña man
queda nela
para transitar pola vida en común cos microbios.................

luns, 16 de xaneiro de 2012

vontade.


nunca usei unha palabra para fecundala
pois tiñamos o mesmo léxico
eu recorrín tódalas contrariedades
e unha cómica timidez sen fin
pousada enriba dunha cornixa
caída chea de asombro
inxustamente como unha dubida
ti tes o que é meu iso é seguro
pero quero esquecelo
para que isto dure aínda moito máis
terme así latindo insistente
enriba dos piñóns desta roda
que por natureza
nos resistimos a que nos arrole
baixo esta corrente reaccionaria
ti tes o que é teu iso é seguro
protestas un pouco e logo te resignas
cambias un sentido común
por outro sentido común
créndoo cunha mirada fiable.

domingo, 8 de xaneiro de 2012

ó revés.

nada leva a un erro por compracerte
nada ten unha cabeza
nin unha opulenta morada
nada profana este xogo
verte ao revés de cómo te vexo
collido polos pelos
tan afinados son os berros
neste tráxico desorde
cunha extinta esperanza
nada é a vida que escapa a galope
baixo un soportal cheo de estrelas
que caen como as follas das árbores
e deixan ver as flores decapitadas
cortadas sen mais pedindo nada
como as aves que venden nas feiras.