xoves, 28 de agosto de 2014

a violenta razón do orgullo.


na hora do solpor
a porta da casa se abriu
para deixar entrar aos nenos
que viñan da escola
e logo pechábase
para que non entrara co aire
o meigallo
e poder erguerse antes do amañecer
cando o galo cantaba
despois de mirar dende a xanela
a faciana da aldea
citábame coa xeada
ao outro lado da casa
instruínme en literaturas mortas
e busquei coma un indixente
tódalas amizades que non topei
en troques
so conservo un ancora tatuada
unha noite no meu brazo
despois de regalar o meu barco
e saír ebrio na procura do sol
que quecía a pel
que asomaba dende os buracos
da miña vella blusa
a violenta razón do orgullo.




mércores, 13 de agosto de 2014

resiste.


todo o que non fixemos
todo o que non imos facer
todo o que aprazamos
todo o que imos aprazar
todo o que quixemos
todo o  que imos querer
todo o que nos preocupamos
todo o que nos imos preocupar
todo o que nos alongamos
todo o que nos imos alongar
todo o que non contemplamos
todo o que non imos contemplar
todo o medo que sufrimos
todo o medo que imos sufrir
todo o que esperamos
todo o que imos esperar
todo o que non calmou a nosa sede
todo o que non a vai calmar
todo o espazo que ocupamos
neste preciso momento
non volvera a presentarse xamais
o porvir nunca será a repetición do pasado
todo efecto será a causa despois
e un trillón de medos
que darán de comer á covardía
un Estado feliz sen progreso
todo comeza onde o temor remata
nas palabras
que teñen máis lóxica ca vida
unha ouruga que convertese en bolboreta
tódolos milagres constantes que ignoramos
todo o que nos observa
todo o que nos non observamos
todo o que fixemos
para que de nada nos sirva.