mércores, 21 de xullo de 2021

terra.


na terra

deixouse sobre a terra

nunha pequena insua

onde unha bandada de paxaros

van devalar

e pensa

tecer unhas flores

para que agromen

no seu xustillo

nada que ver

coa sorte da arte

nin coa amizade

que carece de beleza

pasoulle antes

para despois

prohibirse soñar

non estivo alí

cando secaron os xeranios

cando chovían palabras doutros

sobre as tardes sufocantes

e pensa

respirando fora de tempo

nas flores que agroman

no seu xustillo

deixándose

no firme da súa terra.