sábado, 19 de maio de 2012

molestia.


adiviño cal vai ser a derradeira
mañá a inquietude indescifrable
a intelectualidade dun reloxo
de infinita area
a mar habita as covas abandonadas
o ebrio goce do amor
venerado e sublime nun fértil seno
de brancas estalactitas
meditei sobre tódalas tumbas
a morte sana á vida e procrea
abona só as mans que están abertas
que tristeza abandonar a xuventude
e entregarse á forza
a campos labrados de bagoas e tormentos
de vellos pantasmas que acceden
sen avisar
a chama que acende outra vida
queima toda a lucidez
temos que partir cara o retorno
sen rexeitar nin dor nin anguria nin pena
a nosa exclamación escoitase lonxe
resoan os seus ecos
e envolven aos que aman e padecen
por igual
os corazóns dos inmensos heroes
gárdanos na vitrina
sobre rosas murchas e secas
non moi lonxe das fogueiras
añoro a alegría topar a palabra
antes de que remate
e se extinga todo este prestado tempo
onde xa non hai máis que declinar
nin océanos de fidelidade
nin ansias estrañas
nin amores remotos
nin sede nin fame
canto tarda o retorno?
que aínda resoa o seu nome no eco
para deixalo todo
polos tesouros que a el conduce
mentres outros pelexan
para encher de pranto
raramente emparentados
deitados no mesmo leito
baixo diferente estrela
só se aparean na codia
pola contra por cada un deles
nace un erudito
que crea unha nova palabra “alegría”
todos estes tristes desapareceran
para sempre nas súas propias tebras
conmóvete!
xamais fai tanto frío como parece.