xoves, 29 de agosto de 2019

no teu aniversario.



volveran as pedras a sentarse soas
buscando a sombra do atardecer
para escoitar xuntas como fala a herba
dependendo unhas de outras
para trazar un sendeiro
que guíe un verdadeiro amañecer
volveran prisioneiras de sabedoría
a querer viaxar cando se ergue o vento
volveran ter medo de durmirse unha noite
entre o cheiro dos sabugueiros
entre o marmulo da auga dos prados
que van levando entre ausencias
para dar de xantar ao gando
as pedras falan sen que ninguén as escoite
sen que ninguén as emancipe
non sendo os longos camiños
tan semellantes a nós
dentro dos afastados paraxes
das nosas empedradas conciencias
ausentes de vida
como os grilos que da calor
se refuxian debaixo delas
repiten unha e outra vez
o cri-cri-cri-cri-cri
que lle ditan e lles convén inertes
volveran as pedras a sentarse soas
nembargante esa relación non che vai perturbar
é mellor pensar que hai santas
que ninguén chama ao día seguinte
despois de consumilos cirios
e murcharse as flores
me pregunto se hai algo máis importante
que celebrar o teu aniversario.