mércores, 24 de decembro de 2008

atino

ten que haber un lugar para a felicidade
non lonxe de cada un de nós, ten que estar
máis preto do que pensamos, para elo non
debe ser preciso cerralos ollos senón abrilos
cada vez moito máis.
deséxovos toda a felicidade que eu todavia
non acadei.
Esta ventá volvera abrirse o vindeiro 12 de
xaneiro do 2009. Grazas.

luns, 22 de decembro de 2008

aguinaldo


no portal de –alicia
ai un buraco na parede
por onde entran
os parados
a cola do inem

non ai estrelas
que alumen
nin incenso
nin ouro,
pois fartos de pedir
un novo convenio
leváronos con eles
para o estranxeiro

no portal de –alicia
ai folga indefinida
pois un cura e unha monxa
bicáronse na porta
e benedicto
fechoulles o chiringo

agora cren nas meigas
no bosque animado
na santa campaña
e nunha sociedade
máis igualitaria

non ai estrelas
que alumen
nin incenso
nin pastores
pois fartos de pedir
un novo convenio
emigraron ao estranxeiro

polo portal de –alicia
xa non pasan
nin reis nin paxes
pois no seu sitio
alegría, alegría,
danse clases de educación
para a cidadanía

xa non ai un só ceo,
fecharon os patíbulos
xa non ai pobres
nin ricos
nin prata nin ouro
a cambio ai pan
para todos.

venres, 19 de decembro de 2008

espera


en Galiza,
alfombras voando,
levando ollos negros,
acibeches bordados,
en fío de ouro,
as palmas tocando,
crebando o ritmo,
do palpitar sedento,
o sol deshidratando,
a pel cereixa,
dos teus beizos.
Tac, tac, tac, taca, tac,
tac, taca, tacatacatac.

durme un gato,
á sombra dun pao santo.
o tempo pasa de puntillas,
sen espertarme,
lévame por una escada ao ceo,
a outros lévaos os tristes
e a súa mala fe a ombreiros,
como se fosen pasos,
campás roncas,
padas de morto ate resucitar,
na súa lingua mastigando un amén
que non hai deus que o trague.

toca as palmas e déixate………………
taca, taca, taca, tacata,
tacatacatacatac.
que xa se foron
pegados ó muro,
facéndose sombra,
respirando polas branquias,
sacudindo as escamas,
húmidos
no ventre dun peixe,
vendo polos ollos,
abisais bailes,
regurxitando salitre
na boca das medusas,
nas humanas estrelas de mar.
no ceo acuático
cabalgan os hipocampos.
glu, glu, glu, glu,
glu, glu, glu, glu.
ao seu paso lévanme en oito,
en oitos.
glu, glu, glu, glu,
glu, glu, glu, glu.
Polo ceo de auga,
de estrela en estrela,
cos pés descalzos,
bordados de prata barroca,
lévame o vento,
glu, glu, glu, glu,
glu, glu, glu, glu.
na auga salgada.

xoves, 18 de decembro de 2008

líquido


afógome de cando en vez
para voltar á superficie
de cando en cando,
sosteño a respiración
e volto a afundirme,
volto a tentalo,

cada vez máis,
pouco a pouco,
lento moi lento.

xusto nese intre,
cando estou a piques de logralo
dou un chimpo
e busco abrindo a boca
un fío de osixeno.

penso que todavia
non abonda,
que ei de acadalo,
facelo mellor.

esquézome de todo
o que quixen ser ate agora.

como se diluíse o pasado
no interior da auga,
non sei como,
nin por que
pero volto a tentalo.

cada vez máis,
pouco a pouco,
lento moi lento.

deixoume ir
con todas miñas forzas,
e penso,
que non teño que pensar,
que despois xa vira,
o que teña que vir.

cada vez máis
pouco a pouco,
lento moi lento

afógome así
con certa urxencia,
pero volto á superficie,
volto a querer crer
no que esta enriba.

penso en afogarme
en alguén que desexou facelo
e agora síntese en culpa consigo.

cada vez máis
pouco a pouco,
lento moi lento
e aínda así
estou seguro
de facelo,

tirareime, tírome,
e esta vez afógome,
afogando todo este pesadelo
que xa non me deixa respirar.

diluíndose, diluíndome
no seu ventre,
coma se voltara a nacer.

cada vez máis
pouco a pouco,
lento moi lento.

afogándome nesta peceira.

mércores, 17 de decembro de 2008

fillo


que fermoso
que simpático
que mono, se me confundo
penso que é un melocotón
e o como.

pfff, que pasa
agora cheira a merda,
este é un triangulo,
acórdaste,
este é un rectángulo
este é un cadrado
e este é un circulo,
que simpático
cando médrache,
despois cando cámbiache
ao instituto
e cólleche íntimos “amigos”.

pfff, que pasa
agora cheira a merda,
vas cambialo mundo
dis que estás
contra o establecido
o estado chámaslle
e o único estado
contra o que loitas
é o da casa, papa, mama,
irmáns, familia, achegados,
quenes che damos o guiso,

fillos así é unha farsa
os leva o primeiro
que aprendeu onte
dúas palabras.

pfff, que pasa
agora cheira a merda,
o prato na mesa
para fincarlle o dente
si me da a gaña chego mañá ás sete
ademais aguantade
senón non me tiverades,
as guerras tranqui,
os estudos tamén
o liamos todo dentro do tabaco
con grolos de litrona,
ademais non ai futuro,
e si o ai que máis ten,
deixádeme en paz
non me amoledes.

pfff, que pasa
agora cheira a merda,
ao fin
a miña nai xa non me mima,
o meu pai xa non me cre
o único que me queda
na cabeza
é esta cresta punky
que crece e crece.


martes, 16 de decembro de 2008

coello


ti queres un castelo
para xogar os dous nel
cheo de recordos
e pantasmas,
un túnel que te leve
se tes que fuxir
cara outro lado da ría
sen mollarte,
eu só teño unha folla
en branco para darte
e un cartucho de tinta
para matar
tanto desengano,
ti dobras o pano
como te ensinou a túa avoa
para facer con el
un coello, logo
ábresme a comporta
e deixas que entre,
case librando a entrada
os teus sentinelas
detéñenme
lévanme a torre
do teu castelo
amordazado e preso
deitado quedo
sobre un chan de pedra
centenario,
dende a ventá vexo
todo o que fun
antes de coñecerte
cando era eu
quen quería un castelo
para reterte.

luns, 15 de decembro de 2008

pábulo


ai xente que chora
cando lle preguntas
polo nome dunha rúa
e tanto lles ten
estar en Pontevedra
ou Budapest,
ai xente que non sabe
ou non contesta,
xente en off perpetua
en aletas e escafandro
detrás do director
de calquera entidade
literaria,
ai xente que na noca
leva os ollos
e ao xiralo pescozo
marease e cae,
a estes lévanos outros
en padiola,
fano por altruísmo
por servicio a sociedade
se cadra
por outra Galiza
chea de lampiños,
ai xente para todo
ou para case nada,
ai xente que gústalle
vivir axeonllada
e adustos
e circunspectos poetas
que recitan como
se estiveran dando misa,
tamén ai xente
que con uñas e dentes
se resiste a morrer de pena
nun pais tan gris e tan triste.

venres, 12 de decembro de 2008

xa sei


mudaches de vida,
xa non sometes
xa non agredes
tes outro status,

devaluado,
incompleto,
inferior,
suponse o teu valor,

xa sei
agora fecundas
non subordinas,
erguíalo teu membro
como un poste eléctrico
ata que a lei da gravidade
o desmoronou

xa sei,
mudaches de pel
xa non ai nin que gañar
nin que perder,

as guitarras son masculinas
o seu falo prominente,
é un carallo
que contra o mal de ollo
non te protexe,

cambiaches de vida,
tes outro status
agora fecundas
xa non agredes.

xoves, 11 de decembro de 2008

imos


déixao todo
e imos,
recolle,
non ai nada noso aquí,
cando chegamos tampouco,
non por favor
déixao todo,
deixa que dentro das nosas cabezas
pousen as nubes que pasan,
a onde imos
non precisamos nada
alí din
que todos somos iguais
que alumea a mesma luz
pero non podes seguila,
esquéceo,
a cabeza non ve,
o amor só é factible
na ausencia,
a onde imos
non precisamos nada
máis que o corpo
que temos
e aínda así
é demasiado incomodo
para o tributo
que temos que render,
xa non son un heroe
tampouco sei posar dereito
como as estatuas gregas
penadas nos museos,
imos déixame andar
da túa man
todo o que ata agora
levo desandado.

mércores, 10 de decembro de 2008

perda


perdelo todo
para gañalo
unha vez máis
cen millóns de veces
ata diluírnos
en nós mesmos,

unha sombra na noite
pasando desapercibida,

perdelo todo
e licualo
en bágoas de felicidade
antes de amañecer,

perdelo todo
para toparnos de verdade,
deixalo todo
para telo dunha vez,

as palabras
navegando
en barcos de papel
no océano da impaciencia,

perdelo todo,
esparcilo entre grans de area
para nunca topalo,

na praia interior
esperala resaca
para que o leve todo,

despois de idos
para volver a gañar
un anaco de nós.

martes, 9 de decembro de 2008

móvete


sácame as saetas
que eu non podo
nin erguela sinistra
para saudar á agonía
que me chisca un ollo
con descaro,

que non podo rirme
sácame as saetas
que mas puxeron
uns romanos,

sácamas
antes de que pasen os séculos
e sigas a mirar para min
como si todavia
estivera nun cadro.

venres, 5 de decembro de 2008

que va


esta cambiando o mundo,
as noites son bocas
de mendigos
pedindo de comer,
parados que para berrar
só empregan as letras
MA-IUS-CU-LAS
nun privado hotmail,
noites nas que
o vertixe é alguén
que estas a esperar
e sabes que non vai vir,
noites ao dictado doutros
que non contan con nos,
noites metidiños nun tráiler
detrás dun vidro
levados por un tratante
sen ES-CRU-PU-LOS,
mentres nos imos
na gaiola
mirando como selan
a venda,
confundidos polo fume
do puro do que conduce,
levados polos mercados,
cheirando á gasolina rancia
das estacións de servicio,
ás luces de neon
e ao ambientador
dos moteis baratos,
mañá será outro día
como tódolos días
para non cambiar o mundo
por que o único que temos
que cambiar
é o vidro por onde o miramos,
dende o tráiler que nos leva
para levalo nos
PA-RA CAM-BI-AR O MUN-DO.
ten que haber máis noites.

xoves, 4 de decembro de 2008

xoves


nun parque infantil
o aire siberiano
enche
de frío decembro
as súas mans,

magoa,
que gañas de
mordela néboa,
coma unha nube
de azucre
nunha feira,

á roda, roda,
as nenas, os nenos,
as chachas, as avoas
e os cazadores
que xa non cazan
nin paxaros
nin xabarís,

el sempre chega tarde,
á charca cando está seca
e as migas que lle tiran
os visitantes
mesmo na súa miopía,

despois do paseo
agárranse os dous
ás arandelas
da parede da súa casa,
polo pescozo el
e pola cintura ela

esperan un momento
e xa chega mañá

¡hoxe non te vaias
tan de presa!

dinlle á noite
ela vestida de
media lúa
e el de rinoceronte

¡a miña nai esta arriba
esperándome!

á roda, roda,
as nenas, os nenos,
as chachas, as avoas
e os cazadores
que xa non cazan
nin paxaros
nin xabarís,

a el pártenselle as palabras
que sen reparar
méteas feitas anacos
entre a calderilla,

estou segura
de que te quero
dille mordéndolle
a orella ao pobre
coitado,

soan os espertadores
e aínda queda
todo por dicir,
unha carantoña,
xa non lles da tempo
a librarse das arandelas.


mércores, 3 de decembro de 2008

because


vou polo camiño a because
vía a ningures
vou pola mesma liña
cara a ti
tan descontinua
como os latidos
do meu corazón,

vou errando
de camiño a because,
cedo o paso
a alguén que vai
dentro de min,

todo o que levo comigo
é para sentirme
máis vacio,
transitando
polo camiño a because,

padezo unha enfermidade
que é esquecer
o que non quero,

non é de noite
nin de día
é como os ollos
dunha vella moneca
polo camiño a because,

todo encaixa mal
mentres mírome
no retrovisor,
a cara non é
o espello da alma,

coincidimos tódalas noites
tendo parecidos soños
mentres outros dormen,

os cans vanse de volta
as súas casas
antes de cos seus donos
esperten,
polo camiño a because,

só queda un instante
entre liña e liña,
despois do cambio
de rasante
volvera a amañecer.

martes, 2 de decembro de 2008

sombra


da súa man
lévame a súa guarida
arrastrándome

afía os seus dentes
con unhas moedas vellas
mentres cántame
ao ouvido: Durmiras pero
nunca máis espertaras

atrapado dentro
da miña pel
empápame
o medo a sufrir

dende aquí escoito
os pasos adolescentes
na canle escura
entre lamentos xordos

vin a casa da miña nai
para morrer,
a maior estupidez
que cometín
ao saber cos mortos
nunca están solos

non se escoitan
os pétalos abríndose
nas ramas atónitas
dos froitais,
escoitase en cambio
o enxórdante
grallar dos corvos

máis non ei agora
de perdelo ánimo
mentres as sinais
esculpen na miña pel
os cardeais
que van secando
este frío noctámbulo

vin a morrer
a casa da miña nai
dentro do seu ventre
debuxado,

ven terca sombra
a levarme.

(terca e sombra é unha única composición en dous apartados o nome do poema enteiro é ese mesmo, terca sombra)


luns, 1 de decembro de 2008

terca


vin a casa da miña nai
para morrer
sobor do debuxo
do seu ventre
no colchón vello
onde se asilou
durante anos

aquí os raios da lúa
debuxan as noites
interminables
da infancia
onde,
o tacto foi o único
ceo que viron
meus ollos

vin a casa da miña nai
a esperar que a terca
sombra nocturna
veña a buscarme

sombra que espértame
do sono profundo,
un látego desgárrante
no meu peito fráxil

coas súas mans
frías e azufradas
agárrame o pescozo
ata a asfixia
para logo tirarme
enriba dun solo
de espellos e cristais

onde o meu corpo
se reflexa
como un trapo
descosido e roto