venres, 28 de outubro de 2016

nada propio.



a perfección
non é un soño senón unha vida
as miñas riquezas están nas babas
dos caracois
nada superabundante
relegado como tantos outros
a non exercer de nada para o que fun
formado
cuestión de ética
non estar sobre os outros
non gardar nada para un
para alarde dos porcos que medran
á nosa conta nun pais cativiño
que minte aos pobres
e lles malvende unha fábula
para aceptar as súas frustracións
para ver se van morrendo e non molestan
deixa que che conte!
coma un paxaro que se golpea
contra os barrotes da súa gaiola
e ti sabes que isto non é medo
senón desexo
de non esquecelo todo
a alegría compartida se duplica
e se vive na espontaneidade
que sei eu da miña perfección
acaso podo vela
non é algo digno da xente pobre?
votar en menos o que non se ve
mentres pasa por diante esta fábula
malvendida
para comprender ca felicidade abunda
onde  a vida é superabundante
hai unha cousa so no mundo
que non poden arrebatarnos
a perfección
a nosa digna pobreza
vivir sen nada propio
topar o que os demais non poden ver
comer beber e gozar da nada.



mércores, 12 de outubro de 2016

hai algo.


as obras de arte xa non son actos que perduran
xulgase a vida exterior das persoas sen achegarse
nin unha decima á súa interioridade
pero aínda queda algo no aire
falarse de se mesmo nun perpetuo monologo
que carece de encomezar a amarse,
amar
por que quizais é algo que tende a medrar
e da medo
queda algo no aire que anula as distancias
hai algo no aire que ninguén adiviña a saber
evitando unha desgraza absurda
para ofrecela alma nun tazón de café
un motivo para sorrir
alimentarse de flores para rezar e crer
atravesar os queimados montes
que so a admiración dun ser superior
pode volver a erguer de verde
mentres todo durme ao redor noso
hai algo que ninguén adiviña a saber
os soños marabillosos
sen que o tempo te persiga
para seguir loitando para crer
sen basearse en hipóteses
hai algo no aire que modela
o pensamento
un gran espello que descubre
unha pequena erroga
tan hábil e tan difícil de ser entendida
como a beleza dos santos
que no noso arrogante silenzo
nos enfrontamos a ela.