venres, 13 de novembro de 2015

kerygma.



alá o banquete rematou
e alguén debuxa unha ventá aberta
na area
un pouco de silencio
agás o vento
non se escoita a ninguén máis                   
despois de darlle en cada palabra
un sonoro aplauso
unha certa ironía
alá o banquete rematou
e so Simón ten unha copa na man
para facer maxia
como en babilonia
acompañado de Helena
“a súa primeira idea divina”
souben tanto de él
en realidade é mellor escoitar
que falar
e distraer tódalas desidias
quen é este
dicían todos
que quere sacar desa copa valeira
unha pomba
ou fai que lanza unha frecha
que non da en corazón algún
e non nos deu
nin nos rozou sequera
e houberamos recibido o golpe
e houberamos recibido o golpe
tes todo o aspecto dun tolo
lévasme contigo
e colleron un autobús no deserto
ela levaba na man unha candea
ían para roma
non armedes escándalo
díxolles o condutor
alí ao fondo esta durmindo deus
e déronllo un gran porrazo
pero deus non espertou
que ia a facer
e eles caeron nunha mirada
sen vida
se te aburro voume
para impedir unha desgraza absurda
desprezo a idea dun deus
que se empeña en salvar
a esta horrible marabunta
sen ideais
dunha ferocidade irracional
dunha embriagade sen imaxinación
eu teño iso que se chama cultura
ás veces parece que vivimos
baixo desexos que cremos experimentar
os escultores xa non fan esculturas
a pintura elude o seu retrato
a literatura balbúcea palabras escépticas
Simón deixábase caer polo sono
no asento do autobús
camiño de roma
dicíase a se mesmo :
este é o grande poder de deus
e dende atrás felipe o diácono
e daniel o profeta dicían:
e houberamos recibido o golpe
e houberamos recibido o golpe
bautizarme
e encherei de milagres
eu tamén podo volvela vista aos cegos
e erguelos mortos
esta viaxe remata
dádeme tamén a min ese poder
pero o don non se obtén por diñeiro
e así fóronse Simón con Helena
para roma sen o espírito santo
para facer maxia.