as enfermidades non se curan
quérese o que non se ten
a felicidade non morre
por non habela soñado
nin por vestila de abelorios
nin hai máis posibilidades no mellor
nin tampouco no peor
a fame?
non parara de berrar
ata ser saciada
e se non te embriaga é que non existe
por que é fiel
tantas follas azuis dos eucaliptos
son lanzas curvas que segan a foresta
para impedir edificalo futuro
a fame!
un anaco de pan no peto
para non desmaiarse
para amar so ao amor
ata que nos renda o sol
e quedarmos durmidos
mentres cas beiras dos camiños
nacen flores novas
despois de desexalo tódolos días.