domingo, 27 de outubro de 2019

pandemonio.


nunha man sóbranme os dedos
para enumerar os momentos felices
para encherme de melancolía
podo en cambio ver con nitidez
todas as costuras do improbable
na miña condición mortal
da miña realidade tamén durmindo
debaixo das miñas pálpebras rem
esta o humano
máis alá do efémero
para defenderse sen saber por que
de si mesmo
compadecerse dos olvidos
mentres soño para seguir soñando
amablemente a humidade
transita polo meu corpo
como unha nube inmóbil
unha necesidade económica
unha estrutura atómica
unha ponte que sempre esta antes da casa
pola que pasa un río de pandemonio
que a ninguén lle importa
e xa está
non tes por que entendelo.





martes, 8 de outubro de 2019

escuros.



coma ausentes
sacoden o seu receo
e con indiferenza
pousan sobre nós
a súa acedume aborrecible
sen ningunha emenda
nos seus corazóns
nos agasallan con póstumas flores
vulnerando a nosa intimidade
soprando cara nós a súa treboada
sen saber
meténdose a patadas
nas nosas vidas
escuros
grazas á nosa resignación
brilan os seus ollos
cando nos nosos
ven tanta tristura
un desacougo lles acompaña
o resto dos seus días
non escoitan a alborada
e parécelles ca terra esta moi lonxe
escuros
para tratar de prender con alfinetes
o merlo que levamos dentro
esta lexitimidade que tan ben queima
máis a de vir o día
no que tomemos a palabra
ós que tanto nos repudian
e formaremos
a comunidade de desprezados ilustrados
grazas a todas as súas indiferenzas
licuaremos toda a súa acedume
nun zume de laranxa
e beberémolos dun trago.