martes, 8 de outubro de 2019

escuros.



coma ausentes
sacoden o seu receo
e con indiferenza
pousan sobre nós
a súa acedume aborrecible
sen ningunha emenda
nos seus corazóns
nos agasallan con póstumas flores
vulnerando a nosa intimidade
soprando cara nós a súa treboada
sen saber
meténdose a patadas
nas nosas vidas
escuros
grazas á nosa resignación
brilan os seus ollos
cando nos nosos
ven tanta tristura
un desacougo lles acompaña
o resto dos seus días
non escoitan a alborada
e parécelles ca terra esta moi lonxe
escuros
para tratar de prender con alfinetes
o merlo que levamos dentro
esta lexitimidade que tan ben queima
máis a de vir o día
no que tomemos a palabra
ós que tanto nos repudian
e formaremos
a comunidade de desprezados ilustrados
grazas a todas as súas indiferenzas
licuaremos toda a súa acedume
nun zume de laranxa
e beberémolos dun trago.



Ningún comentario: