sábado, 14 de maio de 2011

babia.

en babia hai esperanza
crerse inocente e moderno
non nos preguntamos por nada
preferimos pensar
que todo é un conto
non perturba o egoísmo
nin desgraza nin anguria
e u odio é unha marabilla
neste inconexo mundo
aquí todo ao revés medra
non pode ser doutra maneira
en tamaño paraíso
onde as linguas son de baba
e as entrañas
o manxar preferido
onde a flor da pataca
medra exuberante
para adornar o histórico
materialismo
e tódolos días esperamos
a néboa no peirao
para que nos devolva a fala
aquí hai esperanza
asegúrocho
mendigalo animo é o ben
máis prezado
tanto que ás veces
morres sen descubrilo.

venres, 6 de maio de 2011

icona.



horizonte invisíbel
actual e único
sen nome
se non é na contemplación
horizonte perfecto
in nomeado
naufragar para pensar
impasíbel
unidade particular
disolta
en formas intimas
paixón
só unha paixón
movéndose dentro
dun ser mesmo
para mudar
un enderezo: o tempo
“cousa” cravada
nas costas da esperanza
“cousa” cravada
un enderezo: o tempo
para mudar
dun ser mesmo
movéndose dentro
só unha paixón
paixón
en formas intimas
disolta
unidade particular
impasíbel
naufragar para pensar
in nomeado
horizonte perfecto
se non é na contemplación
sen nome
actual e único
horizonte invisíbel.