xoves, 9 de febreiro de 2023

oz.


 

a ver se te acordas

mancouse contra do marco da ventá

e deixouse ir sobre o arco da vella

chea de recordos remotos,

fonduras, morriñas,

unha meiga boa levábana

sobre un camiño

de baldosas amarelas

que ían en espiral

polos ciclos da morte e a vida

da alma ata a súa divindade

á cidade esmeralda

Dorotea Gale se preguntaba

que se despois de chamar á porta

aquel ancián ao que lle ladraba Toto

despois de escoitar as súas peticións,

se decidiu cumprilas,

dándolle a cada un o que quería:

a ela volver a apertar aos seus tíos

ao home folla de lata

ter un corazón no seu peito

que o fixera sentir

ao león ter o valor que se lle supón

a Toto un óso grande para roer

e o espantallo ter intelixencia

e non unha cabeza chea de palla

Dorotea Gale espertouse en Kansas

e se preguntaba anoándose

os seus zapatos de prata

si soñou todo aquelo

ata que ao ir a buscar a Toto

topouno mordendo un óso

e sen saír do seu asombro,

uns chiscos de palla

caeron da súa cabeza

e no ceo voaba un globo

ela quizás tamén pensaba

que todo o que sempre quixo

estaba no seu xardín .