témolas mesmas costumes
témolos mesmos recordos políticos
sentámonos igual
incluso na mesma cadeira
ou debe de parecerse moito
cando nos erguemos
facémolo mesmo
e tamén cando nos deitamos
esquecemos as mesmas cousas
para poder sobrevivir
neste mesmo anaco
as veces ata diriximos a nosa
mirada
aos mesmos lugares
dentro de nós mesmos
estendemos os mesmos obxectos
enriba da mesma mesa
ou moi parecida
seguro que tamén ten catro
patas
e caemos de sono á mesma hora
e antes facémolo mesmo escáneo
pola nosa memoria
alugamos as mesmas imaxes
por eses mesmos segundos
para que non nos saian
demasiado caras
e descargamos todo o que non
entendemos
cando necesariamente quedamos
en branco
pensámolo mesmo
cando mirámolo mesmo
e sentímolo medo
cando o medo nos sinte a nós
estamos sos nos mesmos
momentos
e ante as mesmas indiferenzas
deixamos todo o que
quixeramos facer
todo o que quixeramos cambiar
por que sempre temos que
facer
algo antes
(tamén saímos un dia calquera
e cando voltamos
topámonos entre os nosos
brazos
á nosa gata branca morta
buscando outra vez a súa
mirada)
ata darnos conta de que sobreestimamos
as nosas sortes
e posible tamén que pensemos
que despois de aprazar todo o
que temos de iguais
deixámonos ser tan diferentes.