martes, 29 de abril de 2014

teseo.

citeime coa mañá nunha fonte
atrás quedaban
a cidade e os seus servos
a idea de deixar de ser
é insoportable
tanto como non deixar
unha porta entreaberta
ou negarse
ao tenue encanto da fatiga
á resistencia do eu
a un tempo pasado
despois de buscar un pouco
de soño
fun por loureiro que non topei
a mañá estaba sentada na fonte
como se tratara de despedirse
o sol tendía a roupa mollada
despois de lavala
para prolongar o devir
que faría eu se volvera a min
eu que crin ao meu pai morto
aos amargores que non sacian
de todo o non convencido
así foran froitas que manchan
os labres ao mordelas
a mañá foise sentada
nun navío de follas
alcanzando as ondas
que subían e baixaban
sorteando os muros
as casas pechadas
as corredoiras mortas
tódolos recordos que non dan sede
a mañá foise para non volver
na cabeza dun minotauro
alá espera Teseo nunha fonte de pedra.

mércores, 16 de abril de 2014

esbozo.


encerreime  na soidade
xa vai moito tempo atrás
falar non era posíbel
non fun correcto ao uso
deixei desenvaiñalas palabras
e fóiseme a vida nelas
foi a carne
estiven anos e anos en dolo
comigo mesmo
a miña actitude era contraria
ao meu desexo
unha casa e moitas flores
despois do loito ven o casamento
unha noite en vela
cerca o un do outro
pero sen vernos
o día ca miña nai pariume
houbo un eclipse no ceo
mudaron de cor os campos
na terra nas árbores
nacían froitos pretéritos
non te vexas
fai pouco chorabas
non te mires
a túa man olvidada
o sacrificio xa esta feito
so poderán separar os nosos corpos
o limite do real perdese
cando o teu nome
na miña cabeza escoito
canta aos amores mortos
que despois do loito ven o casamento.

domingo, 13 de abril de 2014

á vida.




a vida so é un medio
tamén para o outro
que levamos dentro
pero ignoramos
o significado dos nosos actos
ensaiamos himnos
sen descifrar
que cantamos a escuras
todo o que non se quere dicir
unha fe voluntaria
toma o sol sobre o muro
acelerando a sangue
para depredar as dubidas
antes de que se vaia a tarde
despois de visitar figurado
aos seres queridos
para que falar desto
mellor calar
pero eu teño todas estas cousas
na alma
e os desprezos aos que son sometido
resultan para min un arrepío
maltrato a miña carne
ata chegar ao éxtase
nesta loita co outro
co que vive dentro de min
e berra de medo ao autoanálise
crea asonancias
ondulacións entre unha frase
e unha palabra
eso é o que queda entre nós
unha liña que cega o horizonte
unha porta que se pecha e se abre
e que nos fai conmover
por un acorde que non entendemos
e canto máis misterioso
máis nos atrae
canto máis imperceptible é
máis nos conmove
o silencio da noite
que envolve o meu corpo
da tenrura ausente
e afunden os meus ollos
nos ollos do outro
buscando un pensamento.

mércores, 9 de abril de 2014

ninguén.

Ninguén comprende ao outro. Somos, como dixo o poeta, illas no mar da vida; corre entre nós o mar que nos define e nos separa. Por máis cun alma se esforce por saber qué cousa é outra alma, non saberá senón o que lle diga unha palabra —sombra deforme no solo do seu entendemento.
 Fernando Pessoa .