xoves, 17 de febreiro de 2011

certeza.


os carros levan patelas
cheas de ollos
que a fame empurra
as costas
nos xardíns medran
orellas
que escoitan á adolescencia
facer un inciso
para deixar lazos pretos
nos talos das flores
desafiar aos que non falan
nin berran nin choran
a sangue bombea nas mans
que apértanse forte
e rompen tódolos medos
tódalas incertezas
as caricias amainan
a tempestade
en cada saluco de aire
nace unha vida nova
con significados novos
para desmontar
tanta superficialidade
nesta tempestade esperta a sede
dunha terra que non sacia a naide
abrázame abrázame
e mata esta incerteza perpetua
abrázame abrázame
e fai que perdure esta conspiración
facerte rico
para cuspirlle aos ricos
á súa cara dende a mesma altura
búscaos escóndense detrás de ti
e tira con eles a un pozo sen fin!
desbarata esta inquina
as larvas que descompoñen
as nosas inquedanzas
e convértennos en mendigos
da nosa memoria
abrázame abrázame e procura esta idea.

mércores, 2 de febreiro de 2011

insomnio.


cando esperto de súpeto
miro preto unha pel de veludo
que se pousa en min
coa súa lingua lambéndome
espesa e mal ulinte
tento escapar ir cara a ventá
descorrer o pano e vela la luz
pero cos seus dentes suxéitame
e non me deixa moverme
tenme alí debaixo dela quedo
as miñas bagoas corren polas súas mans
é a escuridade
de outras escuridades de antano
cada vez máis pesada mais intelixente
sabe en cada momento o que penso
remexe todo o que teño no miolo
entra e sae de min esnaquizándoo todo
viólame, dáme un lapote
cando lle rogo que se marche
prométolle cantarlle unha canción de cuna
para durmila cúspeme nos labres
quere negra e moribunda esmagarme
mordendo e roubándome a alma para ela
para vivir en min ata esgotarme
non ven o soño mentres conto
para que deste pesadelo me libere
as súas mans de xeo apalpan a miña pel
que nunha mortalla convertese
deixa de latir o meu corazón
e caio onde non hai espazo,
nin tempo, nin leito, nin habitación
nin porta nin ventá nin ceo
nin día nin noite
pousase un faisán na ventá e pon un ovo
e ela histérica rise
e eu lle imploro cantarlle unha canción
de cuna para que durma e me deixe
e ela bate en min maltrátame cúspeme
nunha alta torre senta un espectro
e nun ultimo esforzo deste desvelo
escapo e corro cara a porta
e ao outro lado no hall enloitado
topo degoladas tódalas bicicletas
que contei esta noite.