xoves, 23 de novembro de 2017

a súa vontade.


cando o corpo durme
prescinde de tódalas cousas
ata confundirse na súa sorte
que resulta un estorbo
para toda a razón

a carne non serve para nada
agás para reter os sentimentos
para humillalos
no medio do seu marmulo

pero non é doado
provocar as malas relacións
do pensado corpo
a significación dos seus actos

non sexa
que nos propaguemos ata o infinito
tan semellante
como a relación entre os seres

a vida sempre volve a buscarnos
a súa vontade regra os nosos actos
so a carne nos envilece
o tedio da realidade nos anula
é peor non saber
que non ser consolado

ah terra!
sinto horror de ti
dos teus habitantes perfectos
ben alienados
sen remordementos

insípidos pola novísima dieta
antídoto de todo o que atormenta
rexeitamento dos seres débiles
coa súa idolatrada indiferenza

cada noite cando o corpo durme
por graza a vida volve a buscarnos.





venres, 20 de outubro de 2017

envés.


no envés dunha folla
que eleva o fume
esta o noso refuxio
e ala abaixo
rise o mal que nos atormenta
un descoñecido
que sinte horror de si mesmo
no envés dunha folla
buscamos refuxio
e non existe
por que so vivimos para vivir
sen convencernos
con imaxes que desfalecen
e convertemos en espellismos
so para saciar a carne
nun corpo que encerra
a un corazón cautivo
no envés dunha folla
escóndense as nosas quimeras
o seu esplendor nos tenta
producíndonos estraños anhelos
como as arbores frondosas
suicidándose á forza
polo cruel lume
ca man maldita do home acende
mais a tristeza e o pesar
é breve para esta besta
que unha vez disipado o recordo
volve caer nel coma unha imaxe
evocadora
no envés dunha folla
queima o noso refuxio
un pervertido espírito
tinguindo de cinza
a patria de todos
a súa propia terra.




sábado, 24 de xuño de 2017

xoves, 22 de xuño de 2017

cantiga de san xoán.



La, la, la, la, la, la, la,

( 4 veces).


Confía en min Zacarias

díxolle o anxo ao seu pai

a túa muller terá un fillo

e lle chamaredes Xoán.


Como poderei crelo

se a miña muller é vella

e non vai poder preñar

por mais que ela queira.


A auga que corre no río  Xordán

por unha promesa

morreu San Xoán

morreu San Xoán

morreu San Xoán

por unha promesa

no río Xordán.


La, la, la, la, la, la, la,

( 4 veces).


Zacarías quedou mudo

ata seis meses despois

cando Isabel trouxo un neno

e Xoán lle chamou.


O pobriño quedou orfo

e ao deserto marchou

e vestido cun pelexo

fixo xaxún e oración.


A auga que corre no río Xordán

por unha promesa

morreu San Xoán

morreu San Xoán

morreu San Xoán

por unha promesa

no río Xordán.


La, la, la, la, la, la,la,

(4veces)


Cando tiña trinta anos

foise ao río Xordán

a bautizar ao Mesías

e viñérono a apresar.


Uns gardas que mandou Herodias

pois ela odiaba a Xoán

por botarlle en cara

o que fixera mal.


A auga que corre no río Xordán

por unha promesa

morreu San Xoán

morreu San Xoán

morreu San Xoán

por unha promesa

no río Xordán.


La, la, la, la, la, la,la,

(4 veces).


E así chegou o convite

que  Herodes celebrou cun banquete

e mentres Salome bailaba

prometeulle todo o seu feudo.


E pasearon nunha  bandexa

a cabeza do Bautista

para vinganza  e contento

da súa nai Herodias.


La, la, la, la, la, la, la,

( 4 Veces).




sábado, 22 de abril de 2017

jezabel.




no dormitorio apesta a vao
un cheiro a herbas erguese
e no teito forma un ceo de aromas
doce e pestilente
jezabel fala como se estivera soa
tan pouca compaixón
habita na súa estancia
a súa soidade espanta
tantos seres que non podemos ver
morren por esta causa…….
na súa caixa mestura cosméticos
nunha grande depresión de marfil
onde garda unha congregación
de corpos en letargo
esperando espertar
a súper espiritualidade
jezabel adora a baal
e constrúe un xardín
de falsas doutrinas
de homes débiles que temen
a outros homes
que cando nesta travesía
se lles apagan as velas
caen como as bolboretas
nas mans do depredador
para ser gardadas entre as follas
dun libro de arquitectura
para que cando o abra
mentres os homes débiles
temen aos outros homes
consigan voar
nos ollos sidonios de jezabel.