sábado, 14 de xaneiro de 2023

collage.


 

palabras para evitar

verbos para protexer

rúas sen bordes

onde transitan bolsas baleiras

e por unha turbia razón

alguén senta naufragado

no banco dunha alameda

entre algas e buguinas

xuntándose a marea do mar

e a das súas venas

acougando os cabalos anónimos

das ondas que rompen

intactas no peito

por onde navega un barco

cargado de anacos de pan

por inocentes planetas.