luns, 21 de agosto de 2023

salitre.


 

diante baten as ondas en vilarrube

deixando todo atrás para sempre

parece que ao mediodía volve amañecer

para contarse a un mesmo

unha fábula ética

que deberá resolver

na auga do mar

non hai máis que nadar

e darlle de comer as palabras

aos peixes

unha illa enriba dun anaco

de plancto

vaise soprada polo nordés

como unha pesadume

iría con ela pero déixaa marchar

sabe que lle queda

unha fábula ética

que deberá resolver

reducir todo o mundo

á cantidade de sal da auga

que pode coller coa súa man.