domingo, 12 de xuño de 2011

dono.

lee ven
como si che falara entre susurros
do ceo e do inferno
que choren que choren
que choren todos
menos os que se dedican á agricultura
mentres miro polo oco dunha parede
todo o que pensei esquecer onte
o pasado me visita agora
como un apostata
destitúo a tódolos innatos
pois eu son un arcano
e a realidade non me é acesa
é tan difícil saber
todo o común que compartimos
cos seres mais ínfimos
en cambio o lugar onde me agocho
neste outro lado da parede en ruínas
faime percibir á materia
que como ela eu me resisto inerte
alguén que garda algo
no seu interior con celo
neste proceso inverso
podo dispoñer rir vencido
descalzarme e coller flores
despois de atravesalas encrucilladas
e ofrecelas a esta angustia que sinto
acaso cal é a miña dote
senón a que despois de abrilos dedos
da miña man o que  nela queda
e permanezo inalterable
podendo transitar pola vida en común
cos microbios.

sábado, 4 de xuño de 2011

dous tempos.


estou preso
dentro dun motor
de dous tempos
atado aos contrapesos
dun cegoñal
para dar só unha volta
esperando impaciente
que o bulón
exerza a presión
e que despois da combustión
perfectamente
os gases queimados
non se mesturen
que o aire gasolina e aceite
grazas ao deflector
pola lumbrera de escape
saian diáfanos
como a gasolina
os meus pensamentos
teñen que atravesar
unha malla tupida
para deixar alí
tódalas impurezas
si me deixa a agulla
de punta cónica
poderei entrar e saír
por favor pido
que o stárter
estrangule o paso do aire
no momento do arranque
e o motor quede ao ralentí
para acto seguido
despois desta marcha lenta
acelerar lixeiramente
e accionar do arranque
o seu dispositivo
que veña voando unha bolboreta
e coas súas ás
provoque a entrada de aire
aumentando a succión
deste gas enriquecido
un fundamento moi parecido
é polo prato magnético
o seu acendido
toparaste como eu me topo
agora enriba dun voante
nun extremo do cegoñal
sobre un imán
que sinala o sur e o norte
a miña mirada bobina
descubre sobre un núcleo
de ferro doce
dous arrolamentos
un primario e outro secundario
que ao xiralo voante
arrastra ao cegoñal
cortando o núcleo
as liñas de forza
que no imán
van dun a outro polo
pero sabes unha cousa
xa pode haber motores
que se a buxía non fai chispa
sexa de sangue quente ou fría
e aínda que os meus pensamentos
atravesen esa malla tupida
seguirei preso
nun motor de dous tempos
o resto dos meus días.