martes, 25 de novembro de 2008

cautivo.1


modelou todo
o que lle parecía maldito,
acendeu a lámpada
da vergoña
e deu a mamar a súa
anguria,

estivo lonxe padecendo,
pelexou, oprimiu,
desprezou, dividiu,
estendeu ás súas mans,
rebelouse, adorou,
glorificou,

compadeceuse
de se mesmo
e acadou a miseria,
liberou tódolos paxaros
e os floreiros do seu pazo,
foi feito rei,

gobernou, falou, imperou,
dominou, sepultou,
destruíu co seu alento,
todo ao seu paso,
xulgou,
foi poderoso,

namorouse, amou,
quixo,
deitouse, descansou,
madrugou,
manchou o seu leito,
tremeu durante días,

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Sigo e seguimos cada un dos teus poemas que tintinean entre cada recuncho de nós e entre os pasaxes do lugar onde habitamos. A distancia esta distancia entre as nosas orbes non fai mudar nen pechar o noso afecto senon que nos fan valorar e apreciar o que temos.
Xa se poden ver as copas sempre cheas, o tabaco de liar, as expresións, os momentos a dramas e o reposo.
Xa case nos tocamos.
Moitos bicos dende Bologna a todos os que habitades na casa, na nosa casa.
AALA
MPG

Anónimo dixo...

Iba a poner, que lo sigas haciendo así, tan bien como lo haces, pero al leer este comentario, lo dejo así, es tan emocionado, que hasta parece personal, seguro que os conocéis, que gusto.
Que te vaya bien siempre.
La hermana de Prometeo.