luns, 17 de novembro de 2008

nas tebras


o que pregunta
no couzón da porta
non ten pan,
a casa onde chama
esta a escuras,
o tellado é o ceo,
o balcón é un barranco
que da a unha lameira,

a mesa encámbeo
é perfecta,
dous pratos brancos
e enriba deles
as entrañas
frías e negras
coméndoas a culleradas
a espera.

o que pregunta
entra e senta
o que lle abre
comparece,
os pés
bambéanse
debaixo da mesa.

o comedor sen luz
é un túnel cheo de feluxe
polo que pasa un vagón de tren
coas ventas abertas
sobre unha tela de araña
tecida polo silencio.

esta noite non se cea.

si non fora que sempre
é de noite nas tebras.


2 comentarios:

Anónimo dixo...

Cando abro o teu blog , ábrense un montón de posibilidades, de sensacións , de cousas a compartir, de non sei que fas con todo esto e esta sema empeza desta forma estraña, encántame,
Chau. a,e,i,o,u.

Anónimo dixo...

En las tinieblas? Y gótico también o cyberpunk , poblados de seres misteriosos, donde el honor y la bondad son desconocidos, como en "World of Darkness???? .
Hara y Kiri.