mércores, 5 de novembro de 2008

quen


din que temos sorte,
que aínda derrotados
e cheos de culpa infundada
subimos ao ceo.
e o ceo esta cheo
de centolas e camaróns
e alí hanos de distinguir
polo noso cheiro ao salitre.
camiñamos como os cangrexos,
uns chámanlle idiosincrasia
outros meteoroloxía,
identidade do pais,
unha nova pola da arte
en procura dun literario
estilo.
Din que temos sorte de nacer
deste lado de África
chamado Galiza,
unha terra que outros
xa se encargan de arrendar
enriba da táboa
das sociedades libres.
Imos ter que agradecer
ser guiados cara adiante,
cara os adosados
con vistas ao mar,
baixo o ritus tráxico
dos cafés dominicais,
e noites rebozados na fariña,
como os peixes antes de fritir,
e ser deglutidos.
Cara ningures,
resistentes a saír do solpor,
orfos de horizontes,
desnortados,
nunha viaxe sen retorno,
na que todo esta por vir.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Hoxe pola mañá non me justou nada o que vin na avenida de Marín, justame máis esta paxina.
Amelita.

Anónimo dixo...

Si o di Amelita, ben dito queda.pero tamén esta moi be no que dío poema.
Oamigode.

Anónimo dixo...

Tío moi bo o teu blog, era certo, acórdate estivemos xuntos onte a noite un rato, e estes comentarios?????? Como moi family non. De todos xeitos xenial.
Un abrazo.

Anónimo dixo...

Segue así campión. Estás feito un fenómeno. Gústame máis este toque máis reivindicativo e crítico. O dito, segue así.