martes, 11 de novembro de 2008


¿ti quéresme?
cando pase todo pensaralo
ou xa non fai falta
preocuparse mais,
terás que repetilo,
terei que repetilo
outra vez,
ti
quéresme,
eu si,
non e tan fácil
non e sinxelo,
nin tan frío
nin tan cálido,
si
queres.
¿ti quéreste?
logo faino,
quérete a ti
é tan importante
quererse,
que o día non tería
nomes nin adxectivos
se non te quixera,
quíxoche alguén
como eu te quero a ti,
ou
cando pase todo pensaralo,
ti
quéresme,
entón primeiro
quérete a ti,
cando pase todo
eu direiche canto te quixen,
mentres déixame quererte
así como ninguén te quererá
xamais,
como eu te quero,
sen posuírte,
sen obrigarte,
como
eu
te
quero,
así sen que o entendas.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Atención: Debe de haber un problema no nos deja acceder al blog por la vía normal, tenemos que hacerlo desde el que esta señalado como octubre 2008 y después ir al de hoy. Te seguimos igual.
Prometeo.

Anónimo dixo...

É certo estiven tentando de entrar toda a mañá e ata ajora nadiña,é que tanto, quero, tanto queres, tanto quixo, que non sei si quixen ou me quixeron, ou quero,.Dende lojo que sorte teñen aljunhas.
Amelita

Anónimo dixo...

QUÉROVOS QUERER QUERIDO
QUÉROVOS QUERER QUERÉNDOME
QUÉROVOS QUERER MAÍS
QUERER NON QUERE
CON QUEIXAS E QUENDAS
SÓ QUERE QUERENZA