luns, 24 de novembro de 2008

encrucillado


recordo a mañá
como se a parira
entre os meus labres secos
ao pronunciarte
para logo esganar
as horas nas pálpebras,
o fume do café,
as gotas de auga
que salpican os coches
ao pasar polo carril
separando os teus ollos
dos meus,
as man índose
por momentos,
papel de fumar, tabaco,
taza, servilleta,
un crucigrama
por rematar,
algo que me impida
tocarte
por medo a romperte
e non por que non quera
dulce-romperte
entre os meus dedos
e quedar impune.

(Agradecemento: Quero agradecer aos e ás compañeiras do Colectivo Poético “A porta verde do sétimo andar” pola invitación a participar este sábado pasado no “Uf”en Vigo xunto ao “Clube dos poetas vivos” nun recital poetico-musical que xamais esquecerei. Loureiros e prosperidade a todos e a todas. Grazas.)

1 comentario:

Anónimo dixo...

Non sabia que se deran recitais de poesía e deben ser bastante escasos por desgracia por aquí, deberan de anunciarse a tambor e trompeta ou polo menos como se anuncian os actos políticos. Con todo en hora boa.
Amelita.