xoves, 27 de novembro de 2008

caídos.


repousamos noutro
que é o mesmo
que ansiar repousar
no noso,
apoiámonos noutros
pero somos nos igualmente
os que suxeitámonos
fora de nos mesmos
e volvemos á procura
doutro ,
alí na zona do naufraxio,
onde sospeitamos
horizontais ás estrelas,
pois o que temos
non nos chega,
mentres
esperamos que medre
a forza da marea
nas nosas veas
andamos así,
escorados,
de lado, caídos
a medias,
deixados do noso,
preferimos enganarnos
e seguir a pensar
que somos nos
os que apoiamos ao outro
esquecendo
que o noso apoio
non existe
se non temos onde,
se non temos onde
apoialo ombreiro.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Diso de apoialo ombreiro sei eu moito, como calquera, agora estou caladiña que teño un trancaxo que non sabia tal, sigovos igual aínda que se me afloxen as forxas ,
Saudiños.
Esto da enfermidade apacijua as persoas, non coma a música que só apacijua as feras. ¿A que si?.
Amelita.

Anónimo dixo...

Que necesario el apoyar y apoyarnos en los demás a lo largo del camino que cada uno de nosotros tiene en mente y que cierto parece pensar que somos nosotros los que apoyamos al otro, cuando en cambio nos apoyamos entre todos o así debería. O así lo entiendo. Quería desearle a Amalita que se recupere y decir que la música no solo apacigua a las fieras, hay quien dice que suaviza la conducta, según que música, además alimenta el alma, la poesía también. Que te mejores.
Una familia feliz.