martes, 18 de novembro de 2008

nas tebras.2


as mans do que pregunta
bordan os
sen
ti
men
tos
no mantel.

nin as castañas nin os allos,
nin o alcanfor
das alacenas
puideron espantar
tanta desdita.

o que abriu
movese pesado,
a cámara lenta
xa non ten voz
xa non ten forza
non sabe que dicirlle
ao que espera.

unha canción triste
escoitase entre os dentes
do muro de pedras.

¡si non fora que sempre!
é de noite nas tebras.

quen pregunta agora
é o odio, sen ollos,
enlouquecido,
co coitelo do pasado
sostido polos recordos.

o rabo do ollo do que abriu
chora para afogar
a súa pena,
mentres o fío do coitelo
cravase no peito seco
do que espera.


si non fora que sempre
¡é de noite nas tebras!.

1 comentario:

Anónimo dixo...

É esta a constatación da proximidade do drama á epopea chegándonos como poesía, converténdose en un material dramaturxico, a diferencia de outros autores da época fins do XVIII, PRINCIPIOS DOS XIX, Byron aproximou a lírica e a epopea ao drama nos seus poemas dramáticos presentes por exemplo en Sturm and Drang, claro que falamos do romanticismo, pero dende logo na poesía contemporánea todo tende ao drama.
Espero o desenlace.
Un poeta.