xoves, 20 de novembro de 2008

faquir


tódolos días
agochada
no seu balcón
espérao
unha muller
para
que
a
sorprenda,
sostendo nas súas mans
unha moneca de Alexandría.

a rúa de súpeto
é un reducto de observantes,
desconfiados,
misioneiros e cirilos.

o faquir recostase
sobre os cravos oxidados
dobrando o seu corpo
como unha sombra
neoplatónica.

el é, o un, a intelixencia e a alma
mudando en éxtase,
ela mentres prancha e dobra
os vestidos da súa moneca,
non se perde ningún detalle.

ao caer a tarde
despois de aguantar
enriba duns hipóstasicos cravos,
procede a vestir a súa espalda
espida, oxidada e rota.

ela pasa a cortina,
deitase na cama
e agarrándose forte,
entre sono e sono
vaise metendo,
no ventre da súa moneca Hypatia.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Que bonita y que triste historia la de Hypatia, una mujer no solo adelantada a su época siglo V, si no también a esta en la que el colectivo feminista la quiere mostrar como paradigma de la mujer liberada . Siendo natural de Egipto, ojo al detalle (Lapaman), no es menos extraño su actitud dentro de la matemática y de la astronomía. Una mártir de la ciencia frente al cristianismo esos cirilos a los que atinadamente se refiere el autor de este extraño poema.
La hermana de Prometeo. ( Yde su parte él y su novia).

Anónimo dixo...

Mira filliña se non fora pola Wikipedia non sei que faría aljunha, estache ben para informarche, pero non pensas que a un quedan moitos cirilos, a por certo eu tamén tiro dela. Cirilo de Alexandría foi acusado de selo artífice da súa morte, pero logo vas á paxina de La Coctelera e sacas que este Cirilo que era bispo a respectaba e a admiraba tanto que mandou un jrupo de cristiáns a matala, uns contan incluso que con cunchas de ostra , cruel. Eu non é por nada, pero quedo con esta visión do autor, se nos meteramos un pouquiño máis no noso papel, outra cousiña seria.
Parabens, ultimamente non se che mira o chapeu.
Amelita.

Anónimo dixo...

Amelita, amelita,amelita. AMELITA, que mañana es viernes y luego el finde ya descansas……en paz, sabidilla, nos llamo al móvil La familia feliz, y rica, no hay manera, dilo de otra forma mujer, ya veras como te sale. Esto te lo digo sin ofender, nosotros no somos cirilos cari.
Prometeo, mi novia y mi hermana.