xoves, 6 de novembro de 2008

preto


somos
unha terra
chamada infancia
tan feliz como cruel,
unha tribo
condenada
ao ostracismo
unha xeración
morta de seu
aparecida
nos suplementos
de arqueoloxía moderna.
somos
o síndrome da pálpebra caída,
a herba que se estende
ao longo da chaira
na procura de horizontes
aínda que nos sintamos
estrañamente verticais.
somos
unha realidade diglósica
sostida nun vocabulario
por normalizar.
Vivimos das rendas antigas,
do aire dos sartegos medievais,
das ofrendas aos santos
convertidas en curas mantidos.
somos
a codia do carballo
que a vai comendo
o verme da farsa.
e porén, asáltanos
un presentimento,
ser dubitativos.
Somos a mirada autista
das vacas.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Si, pero no crees que influye también el tiempo que hace, no me refiero al calentamiento del planeta, que va, nos viene tan de repente, así…….. como tus poemas.
Felicidades.

Anónimo dixo...

Amelita con todos mis respetos pienso que nadie debe meterse en la vida intima o a veces no tan intima de los demás,¿o es que no te llega con la tuya? Este es un blog, no la plaza, ni la alameda......espero que entiendas.Gracias.

Anónimo dixo...

Que entenda eu? Non sei que queres dicir, para empesar, este é segun dixo o autor un blog libre, entra quen lle sae do forro e di o que pensa, así é que non miro nada raro. Ou ti si?. E mira lindiña para chorar xa sabes a onde. Aclarado.
Espero que o autor me diosculpe, pois de verdade que cáeme moi ben, non como outras..... Ok.
Amelita.

Anónimo dixo...

Perdón, non dixo, entendo eu. E coidadiño que eu non vou aireando a miña vida por ai, nin falta teño, non como outras. Jajajajajajaja e ja.
-Desculpa autor, pero e que non podía ajuantar, xa sei que non ten que ver co tema.
Esta moi ben coma sempre. Adiante moso-.
Amelita.

Anónimo dixo...

Una familia feliz no se pronuncia ante esto, lo que si hace es solidarizarse con el autor de este blog que de tanta poesía razonable nos llena.
Un encanto, no como………
Una familia feliz, muy feliz.