venres, 14 de novembro de 2008

esperta


déixate levar,
os sentimentos
mudaron,
agora en ti
só medra o urbanismo,
as pombas perfilan
os tellados,
déixate levar,
queres e non sabes espertar,
contarei ata tres,
cando toque a túa fronte
coa miña man,
espertas,
oxalá podas facelo,
non é máis complicado
que vivir,
non é máis complicado
que pronuncialo teu nome,
déixate levar,
agora esperta,
mira as pombas,
levan nas súas ás
os teus presentimentos,
abre os ollos,
déixate levar,
deixa que esquiven os tellados,
colle a mensaxe
que traen para ti,
abre os ollos,
déixate levar,
non é máis complicado
que vivir,
non é máis complicado,
que pronuncialo teu nome,
oxalá podas facelo.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Déjate llevar o no te dejes llevar tanto, haber si de tanto dejarte llevar nos llevas con tantas cadenas y candados. Gracias por esta semana, nos vamos a casa de mi mama.
La novia de Prometeo.

Anónimo dixo...

Querido autor: Le voy a poner lo mismo de la semana pasada, yo no se escribir, esto que es un asalto como parece tener por costumbre a nuestras neuronas, si es esto lo que pretende, lo consigue, siga así, que solo por sicoanalizarlo lo frecuentare asiduamente.
Una encantada del blog.

Anónimo dixo...

Patacas, patacas e máis patacas, que si vou a casa da miña nai, que si non sei escribir, pero isto que é un tablón de anuncios dun supermercado ou un blog que se preza de poético. Señores por favorciño, como ben di o poema, ESPERTA, que e iso nada mais e nada menos que tan complicado coma pronunciar o teu nome, anda xá.
Un saúdo para o poeta.
Un que pasou para aquí.