luns, 1 de decembro de 2008

terca


vin a casa da miña nai
para morrer
sobor do debuxo
do seu ventre
no colchón vello
onde se asilou
durante anos

aquí os raios da lúa
debuxan as noites
interminables
da infancia
onde,
o tacto foi o único
ceo que viron
meus ollos

vin a casa da miña nai
a esperar que a terca
sombra nocturna
veña a buscarme

sombra que espértame
do sono profundo,
un látego desgárrante
no meu peito fráxil

coas súas mans
frías e azufradas
agárrame o pescozo
ata a asfixia
para logo tirarme
enriba dun solo
de espellos e cristais

onde o meu corpo
se reflexa
como un trapo
descosido e roto


2 comentarios:

Anónimo dixo...

Mira rapas non me estrana que andes tan tristeiro, vouche dar un consello como se fora a túa amija, leva coidado con quen andas, pois vas quedar a velas vir e logo non vas ter remedo.Seria unha pena coa boiña persoa que debes ser.

Anónimo dixo...

Por favor pero que tendrá que ver, ni que fuera para tanto, esta forma de decir las cosas nos resulta algo conocida, no queremos decir mas, no vaya a ser y no entendemos como el autor permite este tipo de comentarios que le saca importancia al poema.
Tan bien es cierto que sin respetar la libertad de expresión, seriamos otra cosa diferente.
Una familia feliz.