venres, 19 de decembro de 2008

espera


en Galiza,
alfombras voando,
levando ollos negros,
acibeches bordados,
en fío de ouro,
as palmas tocando,
crebando o ritmo,
do palpitar sedento,
o sol deshidratando,
a pel cereixa,
dos teus beizos.
Tac, tac, tac, taca, tac,
tac, taca, tacatacatac.

durme un gato,
á sombra dun pao santo.
o tempo pasa de puntillas,
sen espertarme,
lévame por una escada ao ceo,
a outros lévaos os tristes
e a súa mala fe a ombreiros,
como se fosen pasos,
campás roncas,
padas de morto ate resucitar,
na súa lingua mastigando un amén
que non hai deus que o trague.

toca as palmas e déixate………………
taca, taca, taca, tacata,
tacatacatacatac.
que xa se foron
pegados ó muro,
facéndose sombra,
respirando polas branquias,
sacudindo as escamas,
húmidos
no ventre dun peixe,
vendo polos ollos,
abisais bailes,
regurxitando salitre
na boca das medusas,
nas humanas estrelas de mar.
no ceo acuático
cabalgan os hipocampos.
glu, glu, glu, glu,
glu, glu, glu, glu.
ao seu paso lévanme en oito,
en oitos.
glu, glu, glu, glu,
glu, glu, glu, glu.
Polo ceo de auga,
de estrela en estrela,
cos pés descalzos,
bordados de prata barroca,
lévame o vento,
glu, glu, glu, glu,
glu, glu, glu, glu.
na auga salgada.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Esto parece acuático, templado y tropical, Galiza, bueno pues no esta mal, divertido también cuadra, húmedo muy húmedo, sorprendente.
¡Bravo!.
Uno que pasa por aquí

Anónimo dixo...

Esta ben xa é carnaval, non non é Nadal nada diso imos de comparsa, faixe raro pero é así, xa sabedes É CARNAVAL e que lle dean a papa noel. Moi bo tamén o poema, de verdade que lévate.
Un parao.

Anónimo dixo...

Glu glu glu cuanta agua muchísima agua, feliz finde, tu plata barraca, tu oro y platino.
Hara y Kiri.