venres, 5 de decembro de 2008

que va


esta cambiando o mundo,
as noites son bocas
de mendigos
pedindo de comer,
parados que para berrar
só empregan as letras
MA-IUS-CU-LAS
nun privado hotmail,
noites nas que
o vertixe é alguén
que estas a esperar
e sabes que non vai vir,
noites ao dictado doutros
que non contan con nos,
noites metidiños nun tráiler
detrás dun vidro
levados por un tratante
sen ES-CRU-PU-LOS,
mentres nos imos
na gaiola
mirando como selan
a venda,
confundidos polo fume
do puro do que conduce,
levados polos mercados,
cheirando á gasolina rancia
das estacións de servicio,
ás luces de neon
e ao ambientador
dos moteis baratos,
mañá será outro día
como tódolos días
para non cambiar o mundo
por que o único que temos
que cambiar
é o vidro por onde o miramos,
dende o tráiler que nos leva
para levalo nos
PA-RA CAM-BI-AR O MUN-DO.
ten que haber máis noites.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Moi bo meu, ai dándolle, acabas de alegrarme a mañá Moitas gracias.
Un parao.

Anónimo dixo...

Nosotras también, pero sabes desde que entramos en tu blog nos esta cambiando el mundo. ¿No te das cuenta?
Hara y Kiri

Anónimo dixo...

Como se vai dar conta, que cousas, para cambialo mundo teremos que saber o que podemos cambiar, vos parece, claro que ai que cambiar, pero como e dende onde, de todas maneiras esta ven feita esta reflexión a parte tamén necesaria, supoño que o trailer o teremos que levar ao desguace.
Un que pasa por aquí.