luns, 15 de decembro de 2008

pábulo


ai xente que chora
cando lle preguntas
polo nome dunha rúa
e tanto lles ten
estar en Pontevedra
ou Budapest,
ai xente que non sabe
ou non contesta,
xente en off perpetua
en aletas e escafandro
detrás do director
de calquera entidade
literaria,
ai xente que na noca
leva os ollos
e ao xiralo pescozo
marease e cae,
a estes lévanos outros
en padiola,
fano por altruísmo
por servicio a sociedade
se cadra
por outra Galiza
chea de lampiños,
ai xente para todo
ou para case nada,
ai xente que gústalle
vivir axeonllada
e adustos
e circunspectos poetas
que recitan como
se estiveran dando misa,
tamén ai xente
que con uñas e dentes
se resiste a morrer de pena
nun pais tan gris e tan triste.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Esta moi ben isto da critica, canta máis crise máis critica e ao revés, que somos un pais triste, home un día gris, con choiva a ninguén vamos dicirlle o contrario, que a uns vainos millor ca outros, pois que queres, lei da oferta e a demanda, que certamente algúns recitan e pensan como se fosen monxes cartuxos, pois tamén. O caso é ben sinxelo, a receita camarada non é outra que VIVIR COMA GALEGOS, como ti dis en off.
Un poeta.

Anónimo dixo...

Pois claro que si é tan triste, se destruíron 10.000 postos de traballo en doce meses, e pouco triste, e tamén pouco triste que segamos en off, así é como estamos a competir na liga das estrelas, como dixo Touriño e noutra beira rexeita a precariedade laboral, esto si que é triste.O problema con todo máis grave desta crise, faime caso é o problema de erección e son os urólogos os que o din non son eu. Triste, triste.
Un parao.

Anónimo dixo...

Bueno, buenos días, como esta el foro, que somos así ya lo sabemos el caso es disimular tirar pa lante, talante, que es cierto pues claro hombre pero también tiene cosas muy chachis la incultura o vamos a ser todos de marca de la casa, faltaría ¡n0?Además algunos mejor que estén para casi nada. AH hombres cuidadito con las erecciones.
Un bico para ti.
La hermana de Prometeo.

Anónimo dixo...

Levamos toda a vida en crisis permanente, con nos mesmos, co extrinseco, co impermanete, co inmutable, co efimero, a realidade a existenza... e nos queixamos cando afecta o materialismo.
Ben, o meu parecer as interpretacions varias pouco teñen que ver coa relidade (un clasico)non sentin nin sento pena nin tristeza despois de leer o poema, senon alegria de que ante tanta barahúnda haxa xente que con uñas e dentes se resiste a morrer de pena nun pais tan triste e tan gris porque como segamos así e o unico que nos vai quedar.
A crise e a escusa para non ver debaixo do cabelo de cada un.
Saudos dende o mar Cantábrico e a Peninisula da Magdalena
Os aires de aquí refrian para volver a quentar as ideas.
Pronto estamos de novo todos xuntos
Bicos piano piano per arrivare a tutti.
A bocca al lupo! (sorte)