martes, 16 de decembro de 2008

coello


ti queres un castelo
para xogar os dous nel
cheo de recordos
e pantasmas,
un túnel que te leve
se tes que fuxir
cara outro lado da ría
sen mollarte,
eu só teño unha folla
en branco para darte
e un cartucho de tinta
para matar
tanto desengano,
ti dobras o pano
como te ensinou a túa avoa
para facer con el
un coello, logo
ábresme a comporta
e deixas que entre,
case librando a entrada
os teus sentinelas
detéñenme
lévanme a torre
do teu castelo
amordazado e preso
deitado quedo
sobre un chan de pedra
centenario,
dende a ventá vexo
todo o que fun
antes de coñecerte
cando era eu
quen quería un castelo
para reterte.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Hola: Veo que no parás que tenes muchos boliches llenos de letras para adornar este sitio tan pelotudo. Decir que pensas hacer, darme a Keaton o tirarme con vos, si vos sos el poema.
Livialaurentina.

Anónimo dixo...

Oes campión esto é estar preso por ou de alguén, dígocho así por que así aproveitamos o da crise. Collíchelo.
Veña, unha aperta.
Un parao.

Anónimo dixo...

na metade dos meus miolos a sinapsis acalorada reproducese e da por sofocar con mil corazonadas co meu atino me presenta por fasciculos ou sexa sorbo 2o anos da miña vida e no seu transcurso vou enfatizando e atinando o fluir do meu sentir. bravo na ensaimada mexicana atoparemos cordura