
vou polo camiño a because
vía a ningures
vou pola mesma liña
cara a ti
tan descontinua
como os latidos
do meu corazón,
vou errando
de camiño a because,
cedo o paso
a alguén que vai
dentro de min,
todo o que levo comigo
é para sentirme
máis vacio,
transitando
polo camiño a because,
padezo unha enfermidade
que é esquecer
o que non quero,
non é de noite
nin de día
é como os ollos
dunha vella moneca
polo camiño a because,
todo encaixa mal
mentres mírome
no retrovisor,
a cara non é
o espello da alma,
coincidimos tódalas noites
tendo parecidos soños
mentres outros dormen,
os cans vanse de volta
as súas casas
antes de cos seus donos
esperten,
polo camiño a because,
só queda un instante
entre liña e liña,
despois do cambio
de rasante
volvera a amañecer.
vía a ningures
vou pola mesma liña
cara a ti
tan descontinua
como os latidos
do meu corazón,
vou errando
de camiño a because,
cedo o paso
a alguén que vai
dentro de min,
todo o que levo comigo
é para sentirme
máis vacio,
transitando
polo camiño a because,
padezo unha enfermidade
que é esquecer
o que non quero,
non é de noite
nin de día
é como os ollos
dunha vella moneca
polo camiño a because,
todo encaixa mal
mentres mírome
no retrovisor,
a cara non é
o espello da alma,
coincidimos tódalas noites
tendo parecidos soños
mentres outros dormen,
os cans vanse de volta
as súas casas
antes de cos seus donos
esperten,
polo camiño a because,
só queda un instante
entre liña e liña,
despois do cambio
de rasante
volvera a amañecer.
2 comentarios:
Por que, pola razón de que, debido ao feito de que. É iso, é por iso, non de seguro que ten todo o demais. Adiante campión.
Un que pasa por aquí.
Seino eu, o por que, seino eu, e cada un saberao , a cara non é o espello da alma claro que non, o espello da alma son os ollos. Seria boa.
Amelita.
Publicar un comentario