xoves, 18 de decembro de 2008

líquido


afógome de cando en vez
para voltar á superficie
de cando en cando,
sosteño a respiración
e volto a afundirme,
volto a tentalo,

cada vez máis,
pouco a pouco,
lento moi lento.

xusto nese intre,
cando estou a piques de logralo
dou un chimpo
e busco abrindo a boca
un fío de osixeno.

penso que todavia
non abonda,
que ei de acadalo,
facelo mellor.

esquézome de todo
o que quixen ser ate agora.

como se diluíse o pasado
no interior da auga,
non sei como,
nin por que
pero volto a tentalo.

cada vez máis,
pouco a pouco,
lento moi lento.

deixoume ir
con todas miñas forzas,
e penso,
que non teño que pensar,
que despois xa vira,
o que teña que vir.

cada vez máis
pouco a pouco,
lento moi lento

afógome así
con certa urxencia,
pero volto á superficie,
volto a querer crer
no que esta enriba.

penso en afogarme
en alguén que desexou facelo
e agora síntese en culpa consigo.

cada vez máis
pouco a pouco,
lento moi lento
e aínda así
estou seguro
de facelo,

tirareime, tírome,
e esta vez afógome,
afogando todo este pesadelo
que xa non me deixa respirar.

diluíndose, diluíndome
no seu ventre,
coma se voltara a nacer.

cada vez máis
pouco a pouco,
lento moi lento.

afogándome nesta peceira.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Hala, chejei onte a noitiña da Manga, de Murcia, que se o Parque das Salinas, os areais de San Pedro, Cartaxena, Lorca.......esas cousiñas, non mirei moito, pois entre o reumatismo e a artrite non me da na virada. Pero este blog ten máis cousas que un portal de Belén,e eu dicindo xa non se fan beléns. Crise, aquí non ai crise aquí vai barapau para todo quisqui, xa votaba de menos este recunchiño, e pola pedra alta nada cambia que che vou dicir, así mo contaron, jajajaja.Vou limpar as fiambreiras.
Amelita

Anónimo dixo...

Belén, vaya ya llego Amelita, se tenia que notar, si le faltaba algo al belén era la estrella y para ello Amelita, de verdad que, eso de la artritis no tendrá que ver con la cabeza. ¿Pregunto?. Cortate un poquito la manga guapa.
Otra cosa, el poema me gusta mucho, el de ayer, el del antes de ayer, el del antes del antes, para cuando un libro.
Besotes.
La hermana de Prometeo.

Anónimo dixo...

Por favor esto que es el patio de luces de nuestro piso alquilado tampoco se trata supongo que seria mas interesante hacer alusión a lo que el autor propone y además acompaña con imagen, por cierto bien escogidas, bueno esta se sale y la de ayer también, creemos que acompañan bien generalmente a lo que suponemos trata de expresar, controla vamos, lo demás esta bien solo que un poco ordinario.
Quien decía que la poesía era algo verdaderamente revolucionario, pues eso
XD. Tu ni caso.
Hara y Kiri.

Anónimo dixo...

Moi bo unha vez máis.
Non nos cansaremos de leelo como a primeira vez.
De novo os recordos. Sempre mellora.
Xa non queda nada para estar todos xuntos.
Besos a todos
AALA.
Dende Santander.

Anónimo dixo...

O mar ese eterno desatino, na envexa de poderes navegar ,chegar algun porto na mar , desde itaca os ventos son sentimentos elaborados, as augas o noso medio elemento pra ensoñar, a nosa nave na praia vennos dada pola calor do ensino dos nosos, a dotaremos das nosas cualidades e a galopar sobor das ondas do mar, na ruta nunca esclarecida so presentida un atopa a calidade do medio que o vai tallar
brigadista do ensono apertas