mércores, 10 de decembro de 2008

perda


perdelo todo
para gañalo
unha vez máis
cen millóns de veces
ata diluírnos
en nós mesmos,

unha sombra na noite
pasando desapercibida,

perdelo todo
e licualo
en bágoas de felicidade
antes de amañecer,

perdelo todo
para toparnos de verdade,
deixalo todo
para telo dunha vez,

as palabras
navegando
en barcos de papel
no océano da impaciencia,

perdelo todo,
esparcilo entre grans de area
para nunca topalo,

na praia interior
esperala resaca
para que o leve todo,

despois de idos
para volver a gañar
un anaco de nós.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Perdelo todo, eu sei diso, perdín muller, fillos fai nada traballo,un poema, o que vai sendo un galego típico, nin máis, nin nada, é unha cousa que ferve na cabeza e tal, gañar, home
Pois tampouco esta mal, cada un é cada cál. O poema esta bo, a foto xa non digo.
Recordos de Amelita que esta na Manga é non ten cobertura.
Un parao.

Anónimo dixo...

Que difícil es esto de perder y ganar, si no es perder para entenderlo para ganar algo a cambio o por lo menos recuperar la autoestima, poco por no decir casi nada celebramos los triunfos y menos por supuesto los que son ajenos, menos mal en todo caso que nos quedan los recuerdos para que lo que teníamos siquiera lo bueno vuelva a un que sea un instante otra vez a nosotros.
Felicidades.
Una familia feliz.