luns, 27 de outubro de 2008

vampirizado


estou vampirizado
di a miña noiva.
“Estas vampirizado
pola túa muller”.
Levo este cardeal
é un selo persoal,
fíxomo ela
por que ela é unha vampiresa.
As veces fago exorcismo,
e vístome a o revés
por se alguén me sorprende
cun regalo
pero por máis que espero,
desexo e anhelo,
ninguén se acorda de min.
Ela sabe que o meu sangue
esta doado,
que tamén son un noctámbulo
e que a miña verdadeira profesión
é separar o soro o cloruro
e outras sales.
Estou vampirizado
pero non son un profano.
Estou vampirizado,
di a miña muller,
que a miña morte
reflexouse nun espello.
“Estas vampirizado,
pola túa noiva”.
Ela non é Xoana de Arco
e eu non son Gilles de Rais,
Nin imos o matadoiro
a por sangue de tenreiro.
Son unha ilusión,
non podo odiar nin amar
son inmortal
pero non teño
para mercar un ataúde,
Son o teu vampiro,
crávame a túa estaca
no corazón
e déixame morrer.
para chegar a sabiduria dunha vez.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Que inxenioso, moi a conto do que se aproxima, día de tódolos Santos.
¿A quem lle amolaría ser un vampiro de esta guisa?. A pesares da crise, que tamén deixase notar no teu poema, pobre vampiro.
Moi boa a elección da foto.
Un saúdo.

Anónimo dixo...

Que bueno vampirizado! Pues vampirízame a mi, anda, a que esperas para escribirme un correo. ¿Te lo digo otra vez?
Livialaurentina.

Anónimo dixo...

Verdad que es Nosferatu, se lo digo yo, que risas, en fin, que seria de nosotros sin esta tarde tan…………..
Un saludo.
Prometeo y family.