mércores, 22 de outubro de 2008

fórase


levaba máis que ninguén
o peso da súa vida enriba,
era tenro e pensaba que
servíalle de pouco,
acariñar un anaco de dita,
era a satisfacían maior
que podía acadar,
esixíase a si mesmo
o impredicibel para calquera
que non estivera afeito
a tentar ser máis
que un corpo estendido en X
enriba da cama mirando
o teito da habitación,
como quen está diante
dun descubrimento celeste,
unha nova estrela por dilucidar,
unha nova galaxia
que caia enriba del sen facerlle dano,
sequera unha maior percepción
do que acontecía.
Éstrano, xiraba o pescozo
contra o pensamento
que o invadía enchéndose
de dubidas o seu miolo .
Non estaba, fórase,
deixarase levar polo desexo,
só quedaba a pegada do seu corpo
esculpida como nun sarcófago
cheo de follas de outono.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Por favor a ver si se entera ese anónimo, do poema “Eu non son un home”, por certo que valentía, e que bonito é este outro.
Que cara máis dura ten este anónimo , de verdade, que mentira, o meu irmán ten un blog, e si o autor quixera suprimía mesmamente o que figura , é imposible que apareza comentario suprimido, si é que o suprimiu, e imposible o que di este anónimo, de feito que apareza é unha proba de que non o suprimiu.
Ao autor o coñezo eu, e non é de Pontevedra, que va, é de Cangas, míroo a veces e debe ter unha vida moi interesante e ten un coche que sempre me gustou. Cáeme moi ben, pero parece un pouco distante, sen querer ofender.
Gústame o seu blog.
Amelita.

Anónimo dixo...

Mira cariño ni caso, tu sigue a lo tuyo que a nosotrasy a mi hermano nos encanta no sabes las tardes tan divertidas y diferentes que pasamos leyéndote y que bonitas fotos. Un abrazote.
Prometeo,la novia y la hermana.