martes, 21 de outubro de 2008

esmolante


Cando me agachei a ver no baúl,
caín en que regalei todo o que tiña tido,
ora pensaba podereime tirar
no catre a plaxear cos meus recordos,
unha sorte, pulsacións, contraccións,
ritmo. Pois así naceu o universo.
Pero dinlle a cabeza,
e saíron de min un feixe de virtudes
unha delas foi converterme nun especialista
na crianza de bolboretas,
a reproducción sen palabras. O baile.
Logrei có tempo que as diúrnas
aceptaran ser ninfas, crisálidas
menos protexidas.
Ao vivir rodeado de cerdeiras
silvestres á forza limiteime a
que sairán antes do final da primavera
e que as súas ás chegaran a medir
dezasete centímetros, cando vos sabedes
que están entre os doce ou quince.
Fixen tamén amizade coas fracasadas
productoras de seda do alianto.
¡Felices metropolitanas!.
Agora desgraciado de min pensei,
en volver ser danzante,
debuxar co xesto un espacio figurado,
un nupcial sacrificio, pero caín nos brazos
da economia,espertando e tendo que pedir ou morrer.
¿Ou non é morrer un pouco pedir esmola
tódolos días dende esta beira?.
A quen lle importa todo esto.
¿A ti?
¡Pero si ti es o que pasas tódolos días
por diante miña sen decatarse.
Eu en troques son o eterno hoxe,
a reproducción sen palabras,un personaxe con miles de
personaxes no seu corpo.¿Coma ás bolboretas?.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Esta ben, curioso, moi instructivo, pero si queres algo inquedante, preocúpasme, espero que chegues a bo porto. ¿Non vas moito pola profundidade?. Ten coidado en non afogar tan axiña, seria .................

Anónimo dixo...

Quiero conocerte. ¿ Quedamos?. Mi email es livialaurentina@yahoo.es

Anónimo dixo...

malos tiempos para pedir limosna, compañero,pero sin embargo,nos quedan los sueños realizables o no.
¡La imaginación al poder!
a un que suene de otra época.
Gracias.