mércores, 29 de outubro de 2008

exipto


apenas hai auga
e a area é un ben prezado
polos réptiles
para irse deslizando
cara o Nilo
dilatando a súa pel
de estrondosos cores
serpenteando o seu corpo
sen apenas mocas,
estendéndose, recolléndose,
gardándose unha milésima
para camuflarse
disfrazados de pedras preciosas
sobre as dunas
reflexados polo sol,
parecen pequenos anacos
de espellos na saia de baile
dunha beduina perdida
no deserto,
non hai suspiro
que poda descifralo,
sen mans que xiren
ao compas da musica
dos escorpións,
non hai olores
senón o do suor da pel
entretida en bebelo osixeno
que torpe transita
por este deserto
que só desaparece
cando pronuncia: Exipto.
Gústache o atardecer, Faraón?.
Non. Abúrrenme os tambaleos dos camellos.
Entón non me levas velas pirámides?.
Non podo despois de coñecer Lapamán.
E a noite desaparece balanceándose
nos seus beizos.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Hola:Un final desconcertante, diferente, de pronto en Egipto, luego aquí, y todo esto en el desenlace, perdona mi ignorancia, eres capaz de descolocarme.
Voy a buscar Lapamán en la red a ver que tiene de especial.

Anónimo dixo...

Vaia co faraón. ¿En Lapaman, logo non hai sitio de Canghas que che ghuste?.Agora si que si.
Mireiche o outro día pola Pedra Alta “”””””””” no teu coche.
Gústame o teu blog.
Sigue ben non fagas caso.
Amelita.