martes, 14 de outubro de 2008

malditosilencio


O
Son
do
silencio ,
cadente,
deixado
ir,
nun
sopro
de
aire,
repousado
nas
axilas
ao
estendelo
coxis ,
alzar
os
dedos
cara
o ceo,
e
deixalos
caer
na terra
como cravos,
en silencio.

Salgados corpos desfanse na auga doce das duchas domesticas, para irse entre o vapor pola venta e ser absorbidos polos raios de sol nun atardecer de Setembro un pouco antes de San Quintin.

As
Almas
Desfilan
en silencio
a
un palmo
da
túa
nariz
tódalas
noites
mentres durmes,
son incapaces de facer ruído ,
non vaia a ser que rompan o teu silencio.

Amar en silencio para aniquilala a vergoña de sufrir en silencio e padecer en soidade.

E
N

M

A

L

D

I

T

O

S
I
L
E
N
C
I
O.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Querido:
Nunca antes lin un poema, a vez tan profundo e ao tempo tan real e comprometido.
É tan importante todo o que deixa para que o lector o faga seu, como o que di.
Alégrome de descubrir Hipnos e dende logo ao seu mentor.
Boa noite teñas sempre.

A Aguia de Prometeo.