xoves, 23 de outubro de 2008

deixa


deixa que pase o sol
entre as pernas
e seque o desexo de voltar
para convertelo nun anaco de trapo
voando polas rúas desertas.
Deixa que nos mova o vento
como marionetas
antes de partir para sempre
ao derradeiro sitio,
a luz infinita.
Déixao todo,
antes de ca sabana decreza
entre a suor fría
dos recordos
enriba dun frío retablo.
entre verdugos, raíñas e princesas
Deixa de poñerlle outro nome
para sufrir máis,
para non ser posíbel
chegar a ela.
Deixa.
Como as marionetas
trazar despois das palabras
silencios máis prolongados.
Cando caian as cordas.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Estimado autor: Poño a túa poesía entre o simbolismo francés e o surrealismo se non me equivoco, chea de imaxes, oníricas as veces e outras con ese aspecto do terreal, ese aspecto sen duda existencial e metafísico que componse de morte e de tempo, recolleita no romanticismo e tampouco fora da tradición barroca.
Chama a atención este facer poético, tanto como a súa sencillez de presentación como a fidelidade alomenos aparente e que vas manifestando dende o inicio do teu blog, nin que decir ten que o yoismo e o dandismo están tamén ao meu modo de ver presentes nos escritos que ti nos presentas.
Me refería anteriormente a ese esforzo autoral por facer da linguaxe poética unha linguaxe esotérica se cabe e certo afán por aprender da beleza pura e os conceptos simbólicos como unha necesidade de misterio.
Non ten por que evitar riscos , pois misterio é a vida mesma.
Encantado de visitar o teu blog.
Un Critico.