venres, 17 de outubro de 2008

para dos


prodúcesme unha sede inacabable, e unha angustia parecida ao terciopelo .
Cada latido, cada segundo afógame e mátame salvaxemente ata caer sobre a miña propia vertixe para volver a recompoñerme e así ata o fastío.
Non estou, mentres van pasando outros e outras diante.
Unha resignación cravada no meu peito, cada día que pasa vaime desangrando, non sei onde estou por momentos, nin a penas que fixen para sentir todo o que me rodea, como alleo.
Non sei si é mellor quedar en silenzo, neste rincón e vendarme os sentidos para non volver aquí, si non é doutra maneira. ¿Que é o que queda?.
Teño que mudar este pensamento agora, puideras pensar que estou tranquilo ao dicilo, no fondo sabes que non é tal, que estou moi doído, podes intuír como paso a miña man pola gorxa e tento esganarme, como probo unha e outra vez , podes intuír como me contorsiono na ringleira mentres espero para facer unha nova tarxeta e aínda así quédame un anaco de excitación .
Tiña gañas de rematar xa dunha puta vez, pero vou tentar comportarme, vou dicircho todo así sen máis.
Agora case adiviño o que estou a facer aquí, sei que perdín a presa, ao verme xa definitivamente na cola do paro, ante alguén que dende o outro lado do mostrador é como se estivera ao outro lado da vida mirándote non como a quen ten dereito ao traballo e a dignidade, se non como se foxes un delincuente, alguén que non ten perdón por non traer ao nacer un posto de traballo debaixo do brazo.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Sabes, me encanta esta forma tan especial que tienes de decir las cosas, lo mal que se pasa en la cola del Inem y que la gente todavía creamos en los milagros.
La novia de Prometeo.