luns, 25 de abril de 2011

pitagórico.



falas moi bien
es coma un dicionario
onde pon:
tempo é a incerta vitoria
por sufrir
sabes das alteracións
da repugnancia
máis falas moi bien
na casa temos
moito alcohol
non sabemos que facer
entre tanto desdén
omiso tamén ven no dicionario
máis non di nada da sorte
ando perdido, errante
como corresponde a un poeta
que seria de nos
se non padeceramos
esperando un momento
a que a palabra
sexa modelada polo número
nunha aritmética dos sentidos
en sete dos sete ceos
unha escada
de intervalos musicais
falas moi bien
como un dicionario que di
mazá, dous puntos
antes de ofrecela
xa a comeu a serpe.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Si e tanto que ven. Falas moi BIEN. Bravos!

Louise dixo...

Ja, ja, ja, ja. Que risa nin é un fardo nin é un nabo, tampouco un pito. É unha prótese. Ja, ja, ja, dun político.

Anónimo dixo...

Penso que hai moito máis que un fardo entre as pernas neste poema e que sendo critico como é co emprego da lingua é constante na construción das frases meténdonos nesa aritmética dos sentidos á que se refire e certamente pitagórico.
Parabéns.

TROMPETA. dixo...

QUE GHRANDE!.Pa que circula por outros blogs que tamén denomínanse poéticos.
QUE GHRANDE ES!.
U.Aperta.