venres, 22 de abril de 2011

asfódelo.



Asfódelo, Gamón, Vara de S. Xosé. (Asphodelo albus). Liliácea.

(Dioscórides. Tradución do texto grego).

Asfódelo. [Outros ‘pequena cañaheja’ (narthēkion); os romanos albucium.] É unha planta coñecida pola maioría, cunha folla parecida a do porro grande; o seu pé é liso, coa flor no seu extremo, que se chama anthérikos [3]; as súas raíces son alongadas, redondas, semellantes as bellotas, de sabor acre, e con propiedades caloríferas.
Bebidas provocan a micción e a menstruación; a raíz bebida en viño na cantidade de 1 dracma (4´3gr) cura dores de costado, toses, espasmos e roturas. Facilita o vómito si se come na cantidade de un dado; se administra utilmente na cantidade de 3 dracmas aos mordidos por serpes. Se aplican as follas, a raíz e as flores, en cataplasma con viño, sobre as mordeduras; cocida a raíz con hez de viño, en chagas sucias e invasivas, inflamacións de mamas e testículos, furúnculos, diviesos; con fariña de cebada, para inflamacións recentes. Si se engade ao xugo da súa raíz unha decocción de mosto añexo, mirra e azafrán, forma un ungüento medicamentoso para os ollos. Só ou con incenso, mel, viño e mirra, en fomento tibia, convén a ouvidos que supuran; o seu xugo introducido so na orella contraria alivia os dores de dentes. Si se fai un emplasto das cinzas da súa raíz queimada crece o pelo das calvas. O aceite que se fai ferver ao fogo nas raíces ocas é beneficioso para os sabañons ulcerados e queimaduras; axuda aos que teñen dor de ouvídos introducíndoa na orella; a raíz limpa a lepra branca aplicada nun ungüento si antes se frotou ao sol cun pano de liño. O froito e as flores, bebidos en viño, son antídoto excelente de escolopendras escorpións. Tamén é prexudicial para o ventre.
[En outro lugar. Florece no tempo da colleita do cereal. É necesario cortar O asfódelo branco despois do equinoccio de primavera en vistas a que creza o froito. Din que a súa raíz bebida fai perder o apetito sexual. Cratevas o herbolario di o mesmo que
fol. 076rfol. 076v a súa raíz bebida con viño, 1 dracma é tratamento dos dores de gota.].
Emprego:
A raíz ten gran cantidade de almidón e utilizábase na antigüidade para fabricar pan. Os pés utilízanse para facer cestos, pero os usos máis actuais céntranse nas súas propiedades medicinais de uso externo (problemas da pel, eccemas e hemorroides). Tamén sirve para alonxar os mosquitos.
Desbotase o seu emprego culinario sen antes cocela por conter o alcaloide asfodelina que provoca o aumento do pulso cardíaco. VV.AA.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Xa!. Que interesante. Moitas gracias por molestarte é moi completo. Que teñas moitisimas bendizóns sempre.
Iso Ata outra.

Anónimo dixo...

Os asfodelos, han coñecidom momentos de gloria.Homero cantou a sua beleza(real) e Victor Hugo, o seu perfume (ficticio).
O seu nome procede do griego, asphodelos,"punta de pica" fai alusión a forma das suas follas.
E unha belleza que oculta unha realidad cruel, xa que medran ali donde o bosque orixinal sufriu reiterados incendios,talas abusivas e sobreexplotación agraría.
A SUA BELEZA E INDICIO DUN ESTADIO FINAL DE DEGRADACIÓN DA VEXETACIÓN LOCAL.