
no patio penduran no tendal
ás de paxaros a secar
e o sol descende avergoñado
cara ó solpor
para pousar nas túas palpetras
e escurecerse
eu coñezo a sensación
de acariñar os corpos lóbregos
ofrecidos nun complot
sen ningún auxilio
amo esta profesión
dar para empobrecerme
ensaiar unha e outra vez
as sombras nas paredes
fulminadas
caendo de xeonllos ante min
xogo a verme no pescozo
das aforcadas chaquetas
que penden nas perchas do armario
quen é?
o meu verdugo durme enfronte
no caixón dos calcetíns
despois de esfollala primavera
sen ningún reproche
cando me visto ven onda min
deixándome co pasado
roubándome o presente
apoiase nas miñas espidas cadeiras
para encomeza lo rito
un só movemento
acende os nosos cheiros
para xuntos mollarnos
enfilando ata o corazón
amor abre as pernas
camiña polo bordo
ata a vertixe lamendome
desfacéndome no teu cuspe
amor mata tódolos espectros
debuxa con sal nas miñas nalgas
o teu nome
para contarnos antes de matar
as anatomias
tódalas palabras que calamos.
5 comentarios:
-------------------Abracadabrante.
uuuuuuuuuuuuuuuuuhhhhuuuaaaauuuhhh......!!!!!!
De tantas maneiras pódese entender dende o amor á prostitución, á resignación pero o que si esta presente ao longo do poema é ise momento de desesperación . Encántame.
Conmovedor. Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor Conmovedor.ESTREMECE.
brilantes poemas, ardentes e apaixoados, continúa poeta alimentando o mundo cas túas verbas ferintes e famentas de xustiza.
Amalia M. Lombao
Publicar un comentario