xoves, 21 de abril de 2011

esquecidos.



Adelaida Vallejo Leira. Emilia Estevez Vilaverde. María Pilar. G. de Fresco. Clotilde Paz. Consolo Domínguez Rodríguez. Herminia Fariña. María Otilia Docampo Pego. Anxeles Penas. Helena Villar Xaneiro. Matilde Lloria. Pilar Cibreiro. Áurea Lorenzo Abeijón. Aurora Vidal Martinez ………………………………………………………
Farruco Sesto Novás. Ernesto Guerra da Cal. Guillan Hermo. Avelino Gomez Ledo. Luís Amado Carballo. Manuel Luís Acuña. Roberto Blanco Torres. Lorenzo Varela. Rodolfo López Veiga. Manuel Pereira Valcarcel. Xosé María Díaz Castro……………………………………………………….
e tantas e tantos poetas máis.

Tampouco quedan asfódelos
nas tumbas dos heroes gregos
nin se dan nas despedidas
os seus ramos
esquecidos
semellades templos caídos
onde a mar bate en baixo
deixando unha resaca
de fracaso
e a vexetación se resiste
a morrer entre as pedras
dela nacen flores de vitoria
no voso templo sagrado
palabras que son pasto
do que foi inexorable
poetas
traducichedes o que non era
acceso ao ser humano
desinteresados
visionarios xeniais
vivides aínda que non o queiran
na vida de outros
dende as vosas ruínas perfectas
esquecidos
contemplándovos.

2 comentarios:

:) dixo...

Moi bo gloria aos esquecid@s.
Parabéns.

Anónimo dixo...

Reivindicativo e xenial. Por favor que é asfódelo?